AVANTE POIO é un partido político de ámbito municipal que dedica o tempo e centra os esforzos en traballar a prol da cidadanía e resolver os asuntos de interese para a veciñanza de Poio. O martes 5 estivemos na concentración polo peche da zona da Canteira en Combarro. Unha decisión de Portos de Galicia que vai causar, polo lugar e a época, en plenos meses de verán na que se van a executar as obras. O saneamento integral da Ría de Pontevedra é unha prioridade, como hai anos vimos reclamando. Pero non pode aproveitarse para causar prexuízos innecesarios á poboación de Combarro e demais parroquias, xa que vai afectar negativamente a todo transito da PO-308, nos meses de xullo e agosto onde a afluencia de vehículos se incrementa causando retencións e o peche da Canteira agravará a situación.
O xoves 7 ás 20:00 horas estamos coa veciñanza de Samieira e Raxó, e coas persoas usuarias do Centro de Saúde de Raxó, concentrándonos en protesta pola decisión do SERGAS e a consellaría de Sanidade de deixar o centro médico sen médico, non substituíndo á persoa que ten a praza de medicina durante as súas vacacións, e esixindo a atención primaria pública á que temos dereito. Avante Poio estará en todas as protestas e reivindicacións que sirvan para mellorar a calidade de vida e solucionar problemas da nosa veciñanza. Onde non estaremos será en actos convocados por outros partidos políticos que teñan intereses non lexítimos e como único obxectivo obter rédito partidista, fabricar polémicas estériles e confundir á veciñanza con manipulacións interesadas e desinformación. Avante Poio é un partido que toma as súas decisións e establece a súa axenda en asemblea, actúa baixo as premisas do interese xeral, a responsabilidade e a seriedade. Non está ao albur das improvisacións de outros partidos políticos que amosan un total descoñecemento do funcionamento municipal nin das súas publicacións terxiversadas nas redes sociais para crear controversia e crispación, nin dedicará máis tempo que este a responder a ataques e acusacións infundadas e absurdas totalmente alleas a nós.
Comments