top of page
Buscar
Foto del escritorAvante Poio

AVANTE POIO ESCOLLE NOVA COORDINADORA E MARCA LIÑAS DE TRABALLO CARA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

  • A candidatura do proceso interno, encabezada por Silvia Díaz na portavocía, resultou escollida na asemblea xeral celebrada o pasado xoves.

  • A nova coordinadora, máximo órgano de decisión entre asembleas, marcou as liñas programáticas e posturas políticas sobre as cuestións de máis incidencia sobre a veciñanza do municipio.

Poio, 1 de xullo de 2022.- A asemblea de Avante Poio conta xa coa nova coordinadora e folla de ruta coa que seguir a traballar cara o horizonte 2023. Rebeca Quintillán asume as tarefas da secretaría de coordinación do equipo integrado por Susana Portela na secretaría de administración e finanzas, Claudio Quintillán nas liñas programáticas, Eva Lourenco como secretaria de comunicación. María Bóveda asume as tarefas de loxística e Silvia Díaz é escollida de novo como portavoz da coordinadora.

Na asemblea celebrada na tarde do pasado xoves, Avante Poio perfilou os posicionamentos políticos, que se centran en priorizar o interese xeral da poboación do municipio, en cuestións fundamentais como garantir os dereitos sanitarios, a loita contra o proceso de desmantelamento do sistema público perpetrada polo Partido Popular dende a Xunta de Galicia co seguidismo conformista do PP de Poio e seguir a impulsar a participación activa da veciñanza na toma de decisións.

A actualidade das últimas semanas, marcada polas decisións da Xunta que perxudican gravemente a Combarro, no caso do peche da esplanada da Canteira, e da Consellaría de Sanidade de privar á poboación de Raxó e Samieira non cubrindo ao persoal médico de baixa, foron outros dos temas tratados na asemblea.


"Avante Poio trasladará no vindeira reunión de revisión do pacto municipal propostas para chegar a acordo entre as discrepancias das posturas políticas dos partidos que forman o goberno municipal. Para Avante Poio, debe primar o interese xeral e a racionalización dos recursos públicos en calquera decisión adoptada polo goberno local".

Na asemblea, ademais da dación de contas, valoraronse as conclusións extraídas da última rolda de asambleas veciñais informativas que se realizaron nos pasados meses en todas as parroquias do municipio, e programouse o calendario de actos abertos a realizar no vindeiro trimestre.


175 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page